CASA DAS ATOCHAS orde de desaloxo

contra_o_desaloxo

Ola,

a xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
De Casa das Atochas

Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.

Atentxs, pois seguiremos informando.
Mantemos as actividades programadas.

Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!

2 Responses to “CASA DAS ATOCHAS orde de desaloxo”

  1. Miguel Prado Says:

    CONTRA O DESALOXO DA CASA DAS ATOCHAS (Adesion. enviao a contacto@casadasatochas.info ou levao ata a casa. Grazas)

    D/Dª……………………………………………………………………………………………………………….., maior de idade, no meu propio nome, con D.I.nº………………………………………., e enderezo, a efeitos de notificacións, sito na rúa …………………………………………………………………………………………………………………, en …………………………………., provincia de ………………….., DIGO QUE:

    O Colectivo Veciñal Atocha Alta usa e posúe lexítimamente desde o ano 2008 o inmoble da rúa Atocha Alta 14 coñecido por todo o mundo como Casa das Atochas, e nel está aberto a quen o precise o seu local social, no que se programan con varios meses de antelación actividades sociais, culturais e de debate. Esta actividade tense realizado á vista de todos e coa participación dos veciños e veciñas. O Colectivo existe desde o ano 2006 e xa realizara múltiples actividades noutros centros sociais e asociacións.

    Previamente o inmoble era un edificio baleiro, abandoado, destinado á ruina fraudulenta con finalidade puramente especulativa, sendo este abandono visible e coñecido por todos e todas, sin que se puidese dicir se tiña dono ou se alguén se coidaba del desde había anos, polo que non servía a finalidade privada, pública nin social.

    O Colectivo Atocha Alta realizou numerosos traballos de reparación e limpeza do inmoble, e desenvolve a súa actividade social no local e na rúa, mantendo valores de convivencia e cooperación, e dignificando a vida cotiá da Atocha Alta.

    En ningún caso é admisible que o exercicio pacífico da posesión lexítima do inmoble á vista de todos e todas, sen reproche ningún dos veciños e veciñas, dea lugar a un procedimento penal como o que está en curso, que afecta gravemente á actividade sociocultural do Colectivo, á súa estabilidade e ás persoas que o compoñen.

    Asdo.:

    En A Coruña, de outubro do 2010 

  2. Mattin Says:

    que ha pasado con la Casa das Atochas?
    la han deselajodo o sigue?
    parece que la web ya no funciona
    que pena
    menudo sitio mas brutal

Leave a Reply