Ruido diario #65
(..) Solo, vou buscando todolos tuneles cantos hai polas ciudades polas que paso, e nos túneles, paro a escoitar o ruido dos coches e camións, atronadores, pra non ter que falar co que levo dentro, pra non ter que oir a quen levo dentro ainda que nunca fale, pero non o consigo. Nin o tren de mercancias cos seus cincuenta vagóns é quen de facer o ruido suficiente, nin os avións despegando e aterrando continuamente impiden que o mudo que levo dentro, se mofe de min. (..)