RUIDO E CAPITALISMO @ A Coruña

Como apertura da edición do FFMI 2009, e coincidindo coa edición do libro Ruido & Capitalismo por parte de Audiolab Arteleku celebrarase na Fundación Luis Seoane unha xornada para o encontro e o debate:

“RUIDO E CAPITALISMO”: Desfacer, entender e compartir o tempo xuntos

Coordinación: Mattin, Miguel Prado e Roberto Mallo
Data: 23 de outubro de 17:00h a 21:00h
Lugar: Fundación Luis Seoane
Participación libre e gratuita.
Textos a debate:
“Prisioneros de la tierra, ¡salid!” de Howard Slater e “Anti-Copyright” de Mattin.
Os textos están dispoñibles para descargar dende as páxinas
http://acfase.wordpress.com e http://www.taumaturgia.com

Se os nósos sentidos son apropiados polo capitalismo para ser postos ao servizo dunha “economía da atención”, comecemos a reapropiar os nósos sentidos, a nósa capacidade de sentir, os nósos poderes de percepción; comecemos a guerra á membrana!

A linguaxe alienada é ruido, pero o ruido contén posibilidades, que poden; quén sabe, ser máis afectivas que discursivas, máis enigmáticas
que dogmáticas.

O ruido e a improvisación son prácticas de risco, que “volven fráxil”. Aínda así, estos riscos supoñen unha responsabilidade social que pode levarnos máis alá dunha “falsa liberdade” e nunhas unidades de diferencia.

É isto o que deberiamos explorar neste experimento? Prepararse para fracasar, fracasar para prepararse, fracasar dentro da falsa seguridade; ou compartir e desfacernos un pouco nós mésmos? Todo é posible. Mais por qué, dende o berce ata o escenario, dende a clase
ata o bar, a miúdo só facemos o que se espera de nós? Qué é o que nos obriga, o que nos presiona? Cal podería ser o nóso campo de acción en cada momento específico? Cómo poderiamos mudar as nósas relacións sociais aquí e agora ou noutro momento específico? Cómo se moven os nósos corpos no espazo? Cómo informan os nósos sentidos os nósos pensamentos? Cómo son as nósas resonancias e silencios musicais? Qué significa isto para distinta xente? Cómo determinan a nósa clase, xénero e sexualidade, o que facemos, que é o que pensamos e a maneira na que tocamos? Podemos tocar sen instrumentos e sen identidades?

Se as condicións nas que producimos a nósa música afectan á nósa maneira de tocar, tratemos de sentir a través deles, de entendelas ao
máximo e, despois, cambiemos estas condicións. Non utilizemos métodos e formas “ready-made”, tratemos de atopar os nósos própios métodos.

Celebrando a publicación do libro Ruido & Capitalismo compartiremos unha tarde xuntos nun experimento performativo, onde a teoría non estea distanciada do espazo no que nos atopamos. Falaremos, leremos, actuaremos e relacionarémonos entre nós e con algúns dos textos publicados no libro Ruido & Capitalismo. Pero estos textos non serán utilizados a modo de reflexión senon de maneira práctica á hora de compartir tempo e espazo xuntos. Non queremos definir este experimento nin como taller nin como grupo de lectura senon como un desfacer, entender e compartir o tempo xuntos para explorar as posibilidades tanto políticas como creativas da situación mésma que se vaia xerando. Todo o mundo é benvido a éste experimento.

Aquí están os enlaces para descargar os textos mencionados:

Anti-Copyright: por qué la improvisación y el noise van en contra de la idea de la propiedad intelectual por Mattin.

Prisioneros de la Tierra, ¡salid! por Howard Slater.

Para calquer dúbida, o nóso correo electrónico é acfase@gmail.com.

Leave a Reply